A comezos deste Nadal moitos de vos xa vos estábades a preguntar cando poderíades desfrutar da próxima tempada de rebaixas…
Pois aquí están! Chegaron as rebaixas de inverno, e con elas todos os artigos que máis vos gustan a un prezo de escándalo.

DeNde Nobel, traémosvos algúns consellos de como aproveitar ao máximo estas rebaixas e conseguir os producto máis destacados e máis fermosos da nosa tenda para presumir dun fogar de revista!

 

OS PRATOS MÁIS DIVERTIDOS

Encántanos decorar a nosa mesa, engadirlle cor e innovación combinada con toques tradicionais que nos lembran a cociña de sempre.
Estos pratos de Atomic Soda son perfectos para unha divertida comida en familia. Unha opción ideal que non poderás deixar pasar.

O ESTILO NÓRDICO ESTÁ DE MODA

Os tons brancos e grisaceos serán os reis desta tempada de rebaixas. Este puf desenfundable de Calma House, é unha peza perfecta imprescindible nos nosos salóns.
Ademáis de estar confeccionado a man, está inspirado no tradicional estilo handira marroquí e daralle ao teu salón o toque étnico que precisa.

PERO PRIMEIRO… UN CAFECIÑO!

Que sería de nos sen ese café das mañás que nos da tanta vida! Fagamos que as nosas mañás estén máis cheas de enerxía e ledicia con estas taciñas decoradas cun estampado floral e detalles dorados de Pip Studio. Estamos namoradas!

UNHA SESTIÑA MOI QUENTIÑA!

Non podemos dicir que non a sestiña de despois de xantar. Este plaid de Calma House, ademáis de ser moi quentiño e 100% acrílico, viste o noso sofá dunha forma ideal.

UN POUQUIÑO DE ORGANIZACIÓN!

Se un dos teus propósitos de este ano é ter todos os teus plans un pouquiño máis organizados, temos a axenda perfecta para facelo. Estas axendas de Lucía Be, ademáis de darte todo tipo de facilidades para que organices sen problema o teu mes, fanno dunha forma moi divertida, conteñen un montón de pegatinas para que poidas organizar todo dun modo máis sinxelo.

ALBOMBRAS MOI NATURAIS

Se hai algo que lle de personalidade a túa casa é unha alfombra.  Esta alfombra de Calma House é perfecta para calquer tipo de estancia e crea un ambiente moi natural

que encherá o teu fogar de tranquilidade e paz.

 

SOBRE EL AUTOR

Nobel Vinte