Ese é o noso lema, o que fixo que nos sentáramos un bo día de decembro de 2014… Dende ese momento decidimos levar a cabo o noso desexo de seguir creando e ilusionarnos con cousas fermosas e diferentes que fan que a alma se alegre cada día. E nada mellor para inspirarnos que os recunchos que nos ofrece o lugar onde crecimos e vivimos, Brión.

Carballeira de Santa Minia, un fermoso espazo natural cheo de historia

Un dos nosos lugares favoritos é a Carballeira de Santa Minia, un fermoso espazo natural, eixo central de moitas celebracións das que levamos desfrutando dende sempre.

Non había un sitio mellor e con mais tradición para fotografar este precioso aparador que acabamos de recibir! Dende o primeiro momento que vimos as súas portas, recordounos a nosa infancia, aos pequenos cestos que facían a man as nosas avoas e que acostumábamos levar cada vez que salíamos da casa, sempre con moito coidado!

Feito de madeira e con cores claras é unha auténtica mostra de vitalidade e alegría, na que non podían faltar as flores. Neste caso empregamos un floreiro cobrizo de Bloomingville que combina a perfección.

Cando falamos da posibilidade de realizar unha sesión de fotos sobre a nova colección, non dubidamos en achegarnos a esta Carballeira, que sitio podía inspirarnos máis que aquel que nos viu correr baixo as enredadeiras?

Foi aquí cando decidimos utilizar as nosas novas cestas con estampados de raias verticais e ver o ben que combinaban os tons cálidos cas flores. Nese momento é cando podes ver a versatilidade que ofrecen certos produtos, sobre todo os cestos de almacenamento, que serven tanto para por orden como para decorar calquera espazo do fogar. Ademais, encántanos buscar mil maneiras de innovar na decoración!

As Torres de Altamira, Ben de Interese Cultural

Cambiando de aires chegamos ás Torres de Altamira, ruínas dun castelo medieval construído sobre un antigo castro e cas mellores vistas!

Estar nun lugar así, rodeado de historia sempre che fai pensar en que pasaría alí, que batallas se librarían e cantos segredos gardarán eses muros…

Un recuncho especial para a nova colección Flower Festival de Pip Studio. Estes conxuntos cheos de patróns florais e auténtica porcelana serven para decorar calquera mesa. O seu elegante deseño de flores de Chintz vermellas, transpórtanos a esa calma e espiritualidade tan necesaria… ¿Buscas paz? … aquí é

Vivir en Brión é un auténtico privilexio non só polo seu patrimonio no que podes encontrar diferentes espazos naturais, o seu balneario, a súa xente… Senón porque despois dun día ocupado na cidade podes desconectar de todo. Un lugar que nos permite estar en contacto ca natureza e crear diferentes espazos para logo poder trasladalos aos nosos clientes.


SOBRE EL AUTOR

Nobel Vinte