¡Xa están aquí as rebaixas de Nobel! Acabamos de lanzar as rebaixas de Nobel Vinte na nosa páxina web e na tenda física, con descontos de ata un 50% nunha selección de produtos. Aproveita para conseguir os mellores prezos antes que ninguén!

Non hai nada que nos guste mais que a época de rebaixas para comprar todos os produtos e utensilios que vimos durante estes últimos meses e que están agora de oferta. No noso caso, aplicamos descontos as botellas Chilly´sutensilios de cociña, nos produtos de infantil, en alfombras, en cestasbaño e papelería

As botellas Chilly´s son a alternativa perfecta para os días de verán e praia, conservando a bebida fría durante 24 horas. Tanto na páxina web como na tenda física existen modelos diferentes e moi coloridos, que encherán os teus días de cor. E con un 10% de desconto!

Tamén poderás atopar incribles cuncos de cerámica de diversas cores e motivos florais da serie de Creative Collection na sección de enxoval. Nela, atoparás cuncos de diferentes dimensións, bandexas para servir, tazas e vaixelas das coleccións de Flower Festival e Jolie de Pip Studio. Moi útiles para decorar as nosas mesas de verán e sorprender aos comensais cun bo aperitivo!

Axóuxeres, chirridos, renxidos… Ofrecemos aos nenos unha experiencia sensorial con esta preciosa cadea de bonecos para o cocheciño. Na sección infantil poderás ver diferentes xoguetes, mantas e utensilios a mar de orixinais para utilizar á hora de comer. E cun 20% de desconto!

Nas alfombras temos un 30% de desconto e poderás atopar dende estas marabillosas alfombras con estampados étnicos, confeccionadas con algodón 100%, ata alfombras compostas por un entrelazado de fibra sintética e yute. Elixe o tamaño que mellor se adapte ao teu espazo: sexa o salón, dormitorio, recibidor ou corredor e presume de fogar.

Non podíamos deixar escapar a oportunidade de facer descontos nun imprescindible nos nosos fogares, as cestas. Cada peza da nosa selección está traballada ao máximo detalle, a maioría con materiais naturais como algas mariñas. Estas cestas serven tanto de almacenaxe como de decoración, de forma que podes colocar xoguetes, roupa, cosméticos, ou flores, e sexa o que sexa que elixas facer, namoraraste do seu deseño e funcionalidade.

Ademais das cestas, en Nobel poderás atopar diferentes accesorios de almacenaxe para o teu baño, dende tarros, neceseres, dispensadores… Todos eles cun deseño excepcional para facer do teu baño o máis práctico e estiloso! Non deixes escapar esta oferta e goza do 50% de desconto nesta sección!

Por último, non podemos esquecernos da papelería, indispensable á hora de personalizar e facer único o noso fogar. En Nobel atoparás vinilos decorativos que che axudarán a organizar e a decorar a túa habitación en minutos, ademais doutros accesorios como papeleiras, calendarios… Todos eles con desconto!

Lembra, produtos seleccionados de rebaixas ata o 31 de agosto! Non deixes escapar a oportunidade e descobre as nosas ofertas na web e en tenda!


SOBRE EL AUTOR

Nobel Vinte