hogar

Os teus proxectos son os nosos retos, escoitamos as túas ideas, aportando a nosa experiencia para darlle forma a tu estancia e renovala.

Fai unhas semanas chegou as nosas mans este gran proxecto, unha decoración moi especial, para unha familia de Santiago, a cal forma parte da Familia Nobel!  Encargáronos o deseño da parte máis personal da súa casa, a entrada e os dormitorios e hoxe querémosvos enseñar o resultado:

AMOR POLA NATUREZA

A mellor forma de empezar a deseñar é coñecer os intereses da familia, é moi importante saber os seus gustos e como queren sentirse no seu fogar. En concreto, esta familia comentounos o seu gran interese pola natureza, querían sentir a sensación de calma e tranquilidade cada vez que chegaran a casa. 

Por este motivo, no recibidor decidimos apostar por ese estilo natural e conservar este elegante aparador negro que xa tiña a familia, con un papel pintado situado detrás do moble.

De esta forma, podemos desfrutar dun bon descanso e calma, ante a figura dun pescador, as montañas e as cañas de bambú.  Ao lado da parede encóntrase un banco tapizado de terciopelo verde.

DORMITORIO PRINCIPAL

No dormitorio principal podemos ver un papel pintado que cobre toda a parede, con motivos tropicais e palmeiras de color gris.  Na cama destaca un sinxelo cabeceiro gris de terciopelo que combina a perfección cos coxíns e o seu estampado floral.

A xogo cas paredes brancas e a sensación de pureza que nos aportan os estampados da habitación, decidimos apostar por uns mobles brancos nos que destaca o seu deseño redondeado nas esquinas e o acabado de madeira.

DORMITORIO XUVENIL

A hora de deseñar este dormitorio basámonos na premisa da natureza e a calidez a través de tons brancos, verdes e marrons.  A beira da cama, pegada a parede, destaca o papel pintado con motivos de diferentes árboles. Este papel, encaixa co resto  de paredes brancas e os mobles da habitación. 

A cama conta con diferentes caixoneiras para poder aproveitar ao máximo o espacio no día a día, ao igual que o escritorio e o moble que se sitúa xusto detrás. Tamén optamos por colocar baldas e estanterías colgadas na parede, que sirven tanto de almacenaxe como de decoración. Perfectas para ordenar todos os funkos de series, películas e personaxes tan memorables como Son Goku, Dumbledore o Eleven!