Origami de Antaix

 

Outubro é un mes para pensar nos nosos pequenos, na súa imaxinación e nos seus soños. Darlle aos teus fillos un espazo propio no que poidan conciliar non só as súas necesidades de descanso, senon as súas horas de xogo e estudio supón un auténtico reto cando as dimensións non nos acompañan.

En Nobel quixemos darlle vida e forma a todas esas ilusións na súa mente, e que mellor forma de facelo que convertindo as súas habitacións en auténticas estancias onde a diversión e a creatividade están moi presentes.

Os nosos últimos proxectos de interiorismo están basados por completo neste mundo, gustaríamos amosarvos 5  exemplos dos proxectos cos que máis desfrutamos ata o momento.

  1. Xavier

Este dormitorio infantil do programa Life de Lagrama, está inspirado para nenos e nenas, nun ambiente moi natural nos tons da madeira de carballo.

Algo que tivemos moi en conta foi a capacidade de almacenaxe tipo blocks, sempre destacando os toques dos grandes tiradores cun punto infantil en tonos turquesa.

O papel de encantadores mouchos de Ferm Living pon o punto máis colorido e infantil para esta estanza, e a alfombra da casa SCION ten un amplo espazo central para lúdicos xogos.

Outros coma este, están inspirados nun aire de ludoteca, incorporando o estilo de casiña, esta vez con cama compacta, na que se inclúe unha cama inferior que se recolle para que todo espacio poida ser para xogar.

Tamén conta cunha zona de lectura con módulos de caixóns para almacenaxe de xoguetes que serve coma un divertido e cómodo banco e estanterías para contos a modo de tenda de comics.

No centro da estanza unha gran alfombra con mesa para pintar e pequenas cadeiras adaptadas a súa idade… Na parede de fronte instalamos unha pizarra ampla.

O ambiente que quixemos darlle é de cabaña no medio da natureza, e escollimos aqueles que van na tonalidade do carballo natural, branco e grandes tiradores mod.Seta en verdes moi suaves… O papel Harlequín de Ferm Living, sempre unha aposta segura, neutra e fresca.

     2. Maria del Carmen

Neste deseño que vos amosamos, os tons da parede eran condicionantes pois o cliente tiña xa o papel e había que converter o dormitorio de bebé nun dormitorio infantil.

Optouse por unha cama nido cunha cama supletoria de arrastre con estructura de sofá e arcón tamén extensible con almacenamento que fixese a misión de mesiña de noite, unha parte con estanterías para xoguetes e unha zona estudio ampla independente que combina os tons de imitación das madeiras naturais e os brancos.

Integramos o ton das paredes nos complementos téxtiles, nórdicos, coxíns, estor e alfombra de Lorena Canals.

    3. María José

Este dormitorio que estades a ver é un dormitorio infantil realizado no programa SNAP de Hermida, con deseño Galego.

Nesta ocasión, o dormitorio é para xemelgos e o cliente quería unha distribución na que os cativos tivesen camas a mesma altura, optamos por facer un deseño en esquina para que a zona central quedase despexada e así ter sitio de xogos, cun grande almacenamento debaixo das camas con arcón elevable nunha e caixóns noutra… a mesiña central para que as dúas camas desfruten de servizo e luz e unha fila de módulos colgados onde colocar e gardar.

Predomina nos módulos a cor branca con toques en areas, para que o dormitorio vaia medrando con eles, en principio, a vestimos cun toque máis infantil cun papel claro e moi colorido da casa SCION, nas roupas de cama e alfombra de Lorena Canals aptas para lavadora, integramos as cores do papel.

       4. Ania

Este proxecto de dormitorio infantil para dous irmáns pequeniños do programa Origami de Antaix.

Os clientes querían un ambiente moi infantil que tivera un aspecto de habitación de xogos. Destaca a liteira-casiña con quitamedos de nube. Quen non quixo ter de cativo a casiña da árbore? Utilizáronse tons moi suaves, nunha liña moi nórdica en tonalidades moi claras tipo falla e o verde mint teñen o protagonismo… incorporamos o blanco en todo o espazo con toques negros que lle da forza pero queda neutro como no papel da casa Ferm Living con motivos de tipis e a alfombra de Lorena Canals.

    5.Esther  

Este dormitorio xuvenil realizado no programa OldSchool de Ros. Neste deseño temos a dificultade do espazo, onde se lle tiña que sacar o maior rendemento para almacenaxe, pois carecía de armario empotrado. As necesidades do cliente eran ter unha zona de estudo cómoda, con moita capacidade para gardar con armarios enriba da cama plegable e a ambos lados da mesma, na zoa de estudo, librerías suspendidas para dar unha sensación de lixereza sempre combinando tons moi claros… Démoslle ambiente en tonos azuis moi suaves en alfombras redondas de KP efecto seda e cun papel cun fondo moi luminoso con plumas que van nas tonalidades dos turquesas para darlle vida e frescura.