ros1

Setembro xa está aiquí! E con él chega a volta ao cole. Para moitos, unha auténtica odisea, para outros… unha chea de novas aventuras!

En Nobel queremos amosarvos algunhas ideas e alternativas para que o dormitorio dos nosos nenos sexa o lugar perfecto para o estudo e os momentos de descanso. Ninguén mellor ca ti coñece como debe de ser o dormitorio dos nenos, asi que… empezamos!

 

Un cambio radical!

A volta ao cole pode ser un momento ideal para actualizar e darlle un toque de cor aos dormitorios. Unha boa idea é comezar polo escritorio (impresicindible nesta época do ano).

Queremos conseguir que a súa habitación teña un ambiente agradable e confortable para o momento do estudio.

A casa Nidi traenos unha chea de coloridas opcións para contrastar co resto da estancia que ademáis de cálidas resultan moi divertidas.

 

Comodidade en movemento

Que dificil é concentrarse se non se está cómodo.

Estas sillas de estudio de Nidi están deseñadas para dar todo o apoio que

os nosos nenos precisan para eses ratiños de estudio.

Moverse dun lado a outro da habitación sen levantarse da silla ¡Si! ¡É posible!

Nada mellor cunha silla con rodas. Ademáis de práctica é cómoda e suave

ao estar tapizada.

 

 

Recunchos persoais

A todos nos gusta ter o noso recuncho persoal. Con este escritorio secret de Nidi, basta levantar a parte de enriba para ter todo en orden rápidamente ¡incluso poñer un espello!

As cores da felicidade

O mundo ao revés! Os tons claros claros combinados con cores vivas. É un recurso atrevido, pero en habitacións

infantís sumará creatividade. Ten en conta que, canto máis escuro, máis reducirá a sensación de altura.

 

 

 

 

 

 

 

 

Un concepto diferente

As habitacións xuvenís non teñen que gardar a sobriedade, a elegancia clásica ou os deseños adultos do resto do fogar.

E esto é algo que nos encanta!

A casa de Ros axúdanos a converter os nosos soños en realidade con habitacións cun toque divertido, diferente e colorista.

O dormitorio é o espazo persoal dos nosos fillos, e iso implica que, en si mesmos, compilan o uso de toda vivenda nun único espazo:

– Van durmir. É o seu espazo de descanso.

– Van estudar. Será o seu espazo de traballo e estudo.

– Van xogar. É un sitio de entretemento.